Experiências de precariedade

Wednesday, April 12, 2006

Chega-nos a primeira experiência

"Comecei a traballar nunha tenda da rua do Vilar que se chama bazar Retablo.
Esta tenda está dirixida por un home chamado Marcelino Sanin. Este en si resulta un personaxe bastante sinistro xa que seguramente resulte ser un dos caciques mais importantes de todo Compostela.
Pasovos a contar alguns dos negocios que ten para que vos fagades unha idea.
Entre moitas cousas posue catro tendas de souvenirs: unha a coñecida e pequena tenda que hai na Praza da Quintana, tamén dicir que posúe parte do edificio onde está a tenda. Outra na rúa do Vilar o chamado bazar Retablo, ademais da tenda pose todo o edificio onde esta se atopa, tamén posúe duas tendas mais na rua Nova. Entre outros bens é dono do local onde está o cafe Retablo xa que este está de aluguer, tamen é dono do local da tenda pequena ao lado do cafe e de dous edificios de ese tramo de rúa, el mesmo vive enriba do cafe retablo (no edificio). Tamen mediante a tapadeira do fillo é dono da Sala Capitol e do Café Quintana. Asi como de numerosos inmobles máis en todo Compostela.
Resalto isto para dar a entender co tipo de perxonaxe que estamos a tratar, un gran terratenente capitalista en pleno Compostela.

Cando entrei a traballar na súa tenda entrei traballando cinco horas todos os dias (domingos e festivos incluidos), salvo os luns os cales libraba, por un salario de 400€ e asegurado media xornada. Pouco tempo despois pasei a traballar oito horas e media, e seguin asegurado por catro e pasei a cobrar 700€.
Coma min estaba todo o mundo nesa tenda a excepto da sua familia a cal traballa con el. Tamén salientar que el, pese a estar cobrando a pensión, era o xefe en activo do negocio.
Co paso do tempo deixei de traballar para este explotador, e intentei mediante o meu antigo sindicato as CGT, plantar unha denuncia contra el por explotacion, dicir que o sindicato botoume para atrás ao asegurarme que nada se podía facer mediante os cauces legais pois sempre ia ser miña palabra contra a súa. E ainda que fora algun inspector de traballo a tenda, este sempre poderia decir que a xente estaba traballando dentro de esas catro horas que os tiña asegurados. Como veredes unha vez mais o sistema favorece o explotador deixándonos a nos traballadores a sua merced. Agora mesmo no meu actual traballo ando con bastantes problemas por reclamar 40 horas semanais de traballo (xa vedes que peticion tan excentrica non?¿), pero isto de momento o prefiro manter en privado xa que necesito o traballo e mentres este aguante (o pouco que sexa), hai que resistir. Saúde e loita. "

Enviado por toxo_22@yahoo.es

1 Comments:

  • At 2:11 AM, Anonymous Anonymous said…

    hola! y la de cosas que tu no sabes... pero por desgracia para nosotros no es el único cacique de Santg...aunque si el peor jeje!
    cuando estuve yo allí aun eran peores las condiciones...en agosto no había dia libre por decreto ley, sólo una hora para comer y entrabas a las nueve y salías a las nueve...no te podías sentar ni arrimar a nada en todo el día, llegó a decirme frases cómo que no se me pagaba para pensar,si no para trabajar...pero yo me dí el lujazo de enfrentarme a él y decirle que si Dios existe desde luego no es él y que era un déspota. entre otras cosas...por supuesto no volví a entrar por esa puerta jajaja!
    Son cosas a olvidar. no te hagas mala vida por eso.
    Saludos

     

Post a Comment

<< Home